viernes, 9 de septiembre de 2011

LUZ POZO GARZA


Nace en 1922

O paxaro na boca
Os teus paxaros choven miudiño
sobre das miñas árbores, e tamén
sobre destes meus beizos, que che cantan.
Eu fago conta de que son de terra,
ou son unha silveira, no teu colo,
na túa beira de aire e peixes louros.
Recibindo o sabor da túa paisaxe
-húmidas aves, novas, do teu peito-,
aquí estou, meu amor, aquí me choves.

El pájaro en la boca
Tus pájaros llueven suavemente
sobre mis árboles y también
sobre estos mis labios que te cantan.
Yo hago como que soy de tierra
o soy un zarzal en tu regazo,
en tu ladera de aire y peces rubios.
Recibiendo el sabor de tu paisaje:
húmedas aves, nuevas, de tu pecho,
aquí estoy, amor mío, aquí me llueves.

Paisaxe túa
Son unha ponla túa, mesmamente,
xesta amantiña no serán do peito,
reguiero novo, onde os peixes cantan,
chuvia da túa man amorosiña.
Maino, ventiño maino pola herba
da túa claridade de paxaros,
somentes neste aire, nesta música,
vivirei, toda espida,  como unha árbore.

Paisaje tuyo
Soy una rama tuya, mismamente,
retama amante en la tarde del pecho,
río nuevo, donde los peces cantan,
lluvia de tu mano amorosísima.
Suave, viento suave por la hierba
de tu claridad de pájaros,
solamente en este aire, en esta música,
viviré, toda desnuda, como un árbol.

(De Extranjera en su patria. Cuatro poetas gallegos. Edición bilingüe de Carmen Blanco. Barcelona, Galaxia Gutenberg-Círculo de lectores, 2005)


No hay comentarios:

Publicar un comentario